Plan Dixital CPR Cruz Roja Española

O Centro de FP de Cruz Roja Española en A Coruña leva impartindo Formación Profesional dende o ano 1979.

Pola sua parte a Institución é un referente a nivel formativo do ámbito sanitario e socio-sanitario.

O uso das TICS se está a integrar no centro. Contamos con acceso a wifi en todo o centro, con un aula informática de acceso para os alumnos e de aulas equipadas.

O uso de dispositivos electrónicos está presente en case tódalas materias. Como ferramenta de apoio ao proceso de aprendizaxe.
As tecnoloxías da información e a comunicación ( TIC) inciden de forma cada vez máis determinante na vida das persoas e en consecuencia, no campo da educación. Xa non estamos, por tanto, só ante un fenómeno social, cultural e económico, senón que agora o novo marco legal de educación, coa inclusión da competencia básica de tratamento da información e competencia dixital como elemento do currículo, concede un carácter perceptivo ao uso das TIC

A Competencia, tratamento da información e competencia dixital, consiste esencialmente en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Diso deriva que o dominio das TIC se vai facendo tan esencial como o das técnicas instrumentais clásicas. Aínda máis, as posibilidades didácticas e pedagóxicas que nos ofrecen o acceso e xestión da información e do coñecemento, conceden a esta competencia un peso específico como eixo transversal dentro da actividade docente. Todo iso esixe transformacións que afectan á globalidade do proceso educativo nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares. É precisamente este impacto ou transcendencia global das TIC o que xustifica a elaboración deste Plan de actuación.

CPR CRUZ ROJA A CORUÑA
Calle Médico Devesa Núñez 1.
15008 A Coruña.
T: + 34 981 169 163
F: +34 981 169 909
E-Mail: centrodeformacion@cruzroja.es

Síguenos

 

Back to Top